01. As mobilidades Erasmus+ pretenden fomentar a identidade europea e o seu patrimonio cultural. Greenwich, en Londres, era o meu destino a descubrir.
02. O curso da miña mobilidade tivo lugar do 27 ao 31 de xaneiro 2020 e foi organizado por Creating Ground.

03. Creating Ground é unha entidade que traballa en proxectos de intercambio de profesorado europeo compartindo a súa experiencia con público inmigrante.
04. As compañeiras do curso eran de Polonia e de Eslovenia, e a profesora de Italia: non se pode pedir máis intercambio europeo.

05. Na primeira sesión (27 de xaneiro) arrancamos recopilando os diferentes elementos fundamentais do tratamento da diversidade: o respeto e as súas manifestacións.

06.A imaxe do iceberg simboliza que só podemos ver unha pequena parte da nosa cultura a través das manifestacións culturais, pero que pasa co que non se pode ver e está na base?

07.Para poder apreciar a diversidade debemos desenvolver unha boa comprensión de nós mesmo/as, da forma de ver o mundo e da forma na que outros/as o ven.

08. Na segunda sesión (28 de xaneiro) visitamos unha escola modelo en Croydon que traballa con alumnado moi diverso para ver ao vivo prácticas de integración e inclusión.

09.Na visita á escola Haversfarm tivemos a sorte de ser acompañadas polo seu director e asistir a Job Shadowings en diferentes aulas. Unha experiencia moi enriquecedora.
10. Na terceira sesión (29 de xaneiro) definimos o concepto de “conciencia cultural” e reflexionamos sobre o noso grao de dominio desta competencia.

11.Os catro niveis de conciencia cultural: 1. “o meu xeito é o único xeito e 2. “coñezo o seu xeito, pero o meu xeito é mellor”

12.O terceiro e cuarto nivel: 3. “o meu xeito e o seu xeito” e o 4. “o noso xeito”

13. Despois do intercambio de ideas e impresións chegamos a claves didácticas para asegurar a integración e o adecuado tratamento da diversidade na aula.

14.Rematamos con grandes claves de inclusión na aula: “ser un/unha facilitador/a máis que un/unha instructor/a e ser máis sensibles ás dificultades lingüísticas potenciais”

15. A cuarta sesión (29 de xaneiro) acudimos a unha ponencia sobre un fantástico traballo de investigación: “How schools are integrating new migrant pupils and their families. The case of England”
16.O estudo parte de 2 realidades: en Inglaterra en dez anos a poboación inmigrante duplicouse; o 14% da poboación é inmigrante ainda que distribuída de forma desigual.

17.As conclusións do estudo: diversidade implica diferentes necesidades; o inglés é unha prioridade e é preciso implicar aos pais e nais para desenvolver a integración.

18. A última sesión (30 de xaneiro) foi adicada a recapitular todo o que compartimos durante as sesións do curso, así como a ver diferentes xogos inclusivos .

19. Esta é a flor artística das cousas que nos gustan como actividade de integración a través da arte e do positivo.

20.Rematamos o curso coa entrega de certificados e as despedidas. Grazas á EOI de Vigo a @CreatingGround e ao SEPIE por esta oportunidade!