O noso proxecto

É fundamental para a vida da Escola Oficial de Idiomas de Vigo o estabelecemento de relacións internacionais que permitan o intercambio de coñecementos, experiencias e boas prácticas con outras institucións.

Por iso, a nosa misión é fomentar a participación de todo o profesorado da escola, e tamén do alumnado, en proxectos conxuntos con institucións, profesorado e alumnado doutros países, fornecendo o apoio e a información necesarios, promovendo a formación que a facilite, e difundindo os resultados deses proxectos.