Publicación de convocatoria: Curso de formación con Near FM, Dublín. Proxecto: Voces Plurilingües.

A convocatoria atópase na zona de profesorado da nosa Web e na vosa caixa de correo.

X.M. Neira prepara a súa mobilidade Erasmus+ no centro CAVILAM en Vichy

O noso compañeiro do departamento de francés, X.M. Neira, marcha nun par de días a Vichy onde realizará a súa mobilidade Erasmus+ . Alí asistirá ao curso Enseigner le FLE aujourd’hui : culture, société et nouvelles tendances pédagogiques, impartido polo prestixioso centro CAVILAM. Durante a súa estancia compartirá experiencias con nós. Nesta entrevista fálanos das súas expectativas. Grazas, Neira, desexámoste unha boa estancia!

Grupo de traballo eTwinning na EOI de Vigo

O sábado 13 de decembro a embaixadora galega Carmen Fernández, levou a cabo na sede do CFR de Vigo as dúas primeiras horas de docencia do grupo de traballo eTwinning constituido por profesores de Inglés e Francés da Escola Oficial de Idiomas de Vigo  coa coordinación da profesora Patricia Conde. 

Contamos coa presenza da asesora do Centro de Formación de profesorado Conchi Pazos que participou activamente  na sesión. 

Artigo completo publicado no blogue da  Embaixada eTwinning Galicia