Selo de Calidade Europeo ademais do Selo de Calidade en España e Portugal para o proxecto eTwinning ‘Spring / Easter wishes’

No curso 2016-2017, os alumnos da profesora Patricia Conde Pardo, na sección de Coia da EOI de Vigo, participaron, xunto con outros alumnos españois, alumnos de Portugal e alumnos de Suecia, nun proxecto eTwinning, titulado Spring/Easter wishes, que ven de ser galardonado en Outubro co Selo de Calidade Europeo.

O proxecto xa obtivo previamente sendos Selos de Calidade Nacionais en España e Portugal e contou coa participación dun total de 4 profesores de 4 centros distintos e 3 países europeos, empregando o inglés e o español como linguas de comunicación. O proxecto permitiu a alumnos portugueses, suecos e españois intercambiar postais e comentarios sobre a primavera ou a Pascua para coñecerse mellor os uns aos outros así como as costumes nos distintos países relacionadas coa Pascua e/ou a primavera.
Archivos

Selo de calidade Europeo
Selos de calidade en Portugal e España

Selo de Calidade para o proxecto eTwinning

Durante o curso 2014-2015, un equipo de cinco profesores da EOI de Vigo iniciaron o seu primeiro eTwinning como producto dun Grupo de Traballo coordinado pola profesora Patricia Conde Pardo.

Un ano después podemos dicir que dita aventura finalizou con éxito tras ser reconocido o proxecto Let’s eCelebrate co Selo de Calidade Nacional en España, Polonia e Suecia.

No proxecto, colaboraron un total de 11 profesores de 5 centros distintos e 4 países europeos empregando o inglés, o francés e o español. Alumnos olacos, italianos, suecos e españoles compartiron ideas sobre celebracións culturais tanto comúns como propias.  

Todo o traballo e os materiais creados no proxecto están publicados no blogue que vos animamos a visitar: http://letsecelebrate.blogspot.com.es