Mobilidade Erasmus + KA104 Cultura e ensino creativo de linguas: Cara un enfoque humanístico da EOI. Bitácora de 20 imaxes x 20 palabras por imaxe que expoñen a mobilidade de Sonia Espiñeira a Londres para asistir ao curso “Diversity, Cultural Awareness and Inclusion: working cross-culturally”

01. As mobilidades Erasmus+ pretenden fomentar a identidade europea e o seu patrimonio cultural.  Greenwich, en Londres, era o meu destino a descubrir.

02. O curso da miña mobilidade tivo lugar do 27 ao 31 de xaneiro 2020 e foi organizado por Creating Ground.

03. Creating Ground é unha entidade que traballa en proxectos de intercambio de profesorado europeo compartindo a súa experiencia con público inmigrante.

04.  As compañeiras do curso eran de Polonia e de Eslovenia, e a profesora de Italia: non se pode pedir máis intercambio europeo.

05. Na primeira sesión (27 de xaneiro) arrancamos recopilando os diferentes elementos fundamentais do tratamento da diversidade: o respeto e as súas manifestacións.

06.A imaxe do iceberg simboliza que só podemos ver unha pequena parte da nosa cultura a través das manifestacións culturais, pero que pasa co que non se pode ver e está na base?

07.Para poder apreciar a diversidade debemos desenvolver unha boa comprensión de nós mesmo/as, da forma de ver o mundo e da forma na que outros/as o ven.

08. Na segunda sesión (28 de xaneiro) visitamos unha escola modelo en Croydon que traballa con alumnado moi diverso para ver ao vivo prácticas de integración e inclusión.

09.Na visita á escola Haversfarm tivemos a sorte de ser acompañadas polo seu director e asistir a Job Shadowings en diferentes aulas. Unha experiencia moi enriquecedora.

10. Na terceira sesión (29 de xaneiro) definimos o concepto de “conciencia cultural” e reflexionamos sobre o noso grao de dominio desta competencia.

11.Os catro niveis de conciencia cultural: 1. “o meu xeito é o único xeito e 2. “coñezo o seu xeito, pero o meu xeito é mellor”

12.O terceiro e cuarto nivel: 3. “o meu xeito e o seu xeito” e o 4. “o noso xeito”

13. Despois do intercambio de ideas e impresións chegamos a claves didácticas para asegurar a integración e o adecuado tratamento da diversidade na aula.

14.Rematamos con grandes claves de inclusión na aula: “ser un/unha facilitador/a máis que un/unha instructor/a e ser máis sensibles ás dificultades lingüísticas potenciais”

15. A cuarta sesión (29 de xaneiro) acudimos a unha ponencia sobre un fantástico traballo de investigación: “How schools are integrating new migrant pupils and their families. The case of England

16.O estudo parte de 2 realidades: en Inglaterra en dez anos a poboación inmigrante duplicouse; o 14% da poboación é inmigrante ainda que distribuída de forma desigual.

17.As conclusións do estudo: diversidade implica diferentes necesidades; o inglés é unha prioridade e é preciso  implicar aos pais e nais para desenvolver a integración.

18. A última sesión (30 de xaneiro) foi adicada a recapitular todo o que compartimos durante as sesións do curso, así como a ver diferentes xogos inclusivos .

19. Esta é a flor artística das cousas que nos gustan como actividade de integración a través da arte e do positivo.

20.Rematamos o curso coa entrega de certificados e as despedidas. Grazas á EOI de Vigo a @CreatingGround e ao SEPIE por esta oportunidade!

A nosa compañeira Roswitha Althoff está a disfrutar da súa mobilidade en Bolonia, onde aprenderá aínda máis sobre e-Learning e Blended Learning. Durante estes días publicaremos as súas impresións:

“Comecei a miña viaxe cunha estancia dun dia en Múnic. Adorei a oferta de verduras de inverno no Vitualienmarkt, moito máis variada do que estou acostumada. Ademáis parece que os doces de nadal se venden durante todo o ano! Logo seguín en tren pola noite, dirección Bologna, unha recente oferta do ferrocarril austríaco que supón unha boa alternativa ao uso excesivo do avión. Xa en Bologna dou un paseo polo centro. En breve e coñecerei o grupo co que partillarei os próximos días. Os soportais (portici) encántanme!

Mobilidade Erasmus + KA104 : Cultura e Ensino Creativo de Linguas: Curso estruturado: “Emotional Intelligence and Coaching Skills for Teachers and adult Education”. Bolonia, Italia.

Entre o 19 e o 25 de xaneiro asistín por primeira vez a un curso sobre intelixencia emocional aplicada ao ensino. O programa do curso pareceume moi interesante e motivador, xulgade vós:

Image

Podedes escoitar aquí que me motivou a elixir este curso e cales eran as miñas expectativas:

O curso non me decepcionou. Cunha metodoloxía comunicativa e colabarotiva, sempre con boas dinámicas de grupo, e moitas actividades prácticas, exploramos os conceptos de intelixencia emocional, empatía, confianza, asertividade, creatividade, comunicación ou espíritu de colaboración; falamos da importancia de saber nomear e distinguir as emocións e que diferencia o “coaching” do ensino tradicional.

Vimos técnicas para mellorar a nosa capacidade de establecer obxectivos de maneira intelixente e eficaz e fixemos exercicios prácticos (propoñerse obxectivos intelixentes non é tan fácil como parece!).

Asomámonos ao mundo da Programación neurolingüística, un mundo por descubrir:

“The words we use, and how we use them,  can change our attitude to the world and our action

“Words can create bridges (to connect) or walls (to separate) in relationships”

“Words can give us energy, or remove energy from us, changing our vision of the goal”

“Communication is not only what we say but also what other people think about it”

Adicámoslle unhas horas ao tema dos liderazgos, características e estilos:


E reflexionamos sobre que podemos aprender do voo dos gansos e como entenden estes animáis o liderazgo:

Aprendimos algunhas maneiras de loitar contra a negatividade:

  • The interrupter: don’t show that you are affected by the interrupting, show dignity, discuss what he said briefly and continue.
  • The know-it-all: thank him for the addition and change the focus of the topic; ask him a difficult question, ask the whole class for a comment on the topic.
  • The negative one: ask him to be more specific on what he doesn’t like, show him that the goal of the class is positive result.
  • The gossiper: make an eye contact to make him feel uncomfortable, if he is arrogant, make him take your place.
  • The quiet one: encourage him, ask him easy questions, use him as an example to give him courage, ask him questions in a way that you show that you believe in him.

E coñecemos algunhas ferramentas para manexar situacións de conflicto:

Interesoume especialmente o tema do PODER DAS PREGUNTAS como ferramenta de “coaching”. Fixemos algunhas actividades prácticas de reformular preguntas e aplicalas logo en simulacións de situacións de coaching que me resultaron moi reveladoras:

Nas próximas semanas teredes noticias de cando será a sesión de difusión da miña mobilidade que compartirei con Sonia Espiñeira, que vos falará de integración e diversidade. Os materiais deste curso estruturado estarán en breve á vosa disposición na sección de profesorado da nosa páxina web e na intranet.

As mobilidades Erasmus+ teñen tamén como obxectivo fomentar a identidade europea e o patrimonio cultural europeo. Que mellor sitio que Italia para disfrutar da arte e da cultura! Durante a semana da miña instancia partillei via Twitter, fotos e impresións de esta marabillosa experiencia. Grazas á EOI de Vigo e ao SEPIE por esta oportunidade!

Difusión da mobilidade Erasmus+ KA104 “Advanced Language and Methodolgy”.

Un grupo de profesores da EOI de Vigo achegámonoso á aula 11 para participar das actividades que nos trouxo Anabel dende Londres, onde visitou o curso “Advanced Language and Methodology” Aprendimos moito e pasámolo moi ben. Anabel repetirá esta sesión en Xaneiro. Pronto o profesorado interesado terá acceso a todos os materiais a través da zona de profesorado da nosa web.

Podedes descargar todos os materiais do curso dende a zona de profesorado da nosa páxina web: http://www.eoidevigo.org/acceso-profesorado.html

Descubrindo o poder da metáfora en Cracovia co # ShInRe KA2project

Durante unha semana, catro compañeiras da Escola tivemos a sorte de viaxar a Polonia como parte do noso proxecto KA2 sobre motivación no alumnado adulto. Foron uns días de traballo moi intenso cos nosos socios polacos e italianos, achegándonos ao concepto de “experiential learning” e profundizando na idea da metáfora como elemento motivador na aula. Como parte dos obradoiros que organizou Fundacja Addenda, tivemos a sorte de poder visitar o Castelo Wavel para analizar un cadro da súa colección da man de Pawel. O que máis nos gustou foi a sesión de expresión corporal guiada, na que aprendimos a perder as inhibicións e mellorar a conciencia do noso corpo para facilitar a motivación e as dinámicas interpersoais na aula. Ademáis da parte teórica, tamén aproveitamos para cear todos xuntos nun restaurante local e entender por qué toda a comida polaca é tan calórica…Que frío facía! En conxunto, Cracovia pareceunos unha cidade preciosa, con moito que ofrecer, e un escenario ideal para seguir profundizando no noso proxecto.