O noso profesorado se forma en Europa

Durante o presente curso 2019-2020 oito profesoras e profesores do noso centro asistirán a cursos de formación en Gran Bretaña, Irlanda Francia e Italia participando nos Proxectos de Mobilidade da Acción Chave KA104 (sector Educación de Persoas Adultas) concedidos á E.O.I de Vigo. Preme nos enlaces para ver os contidos dos cursos: KA104 2018-2020 Retos para a EOI: Ensino 3.0 e Inclusión na aula

KA104 2019-2021 Cultura e ensino creativo de linguas: cara a un enfoque humanístico da EOI.

Selo de Calidade Europeo ademais do Selo de Calidade en España e Portugal para o proxecto eTwinning ‘Spring / Easter wishes’

No curso 2016-2017, os alumnos da profesora Patricia Conde Pardo, na sección de Coia da EOI de Vigo, participaron, xunto con outros alumnos españois, alumnos de Portugal e alumnos de Suecia, nun proxecto eTwinning, titulado Spring/Easter wishes, que ven de ser galardonado en Outubro co Selo de Calidade Europeo.

O proxecto xa obtivo previamente sendos Selos de Calidade Nacionais en España e Portugal e contou coa participación dun total de 4 profesores de 4 centros distintos e 3 países europeos, empregando o inglés e o español como linguas de comunicación. O proxecto permitiu a alumnos portugueses, suecos e españois intercambiar postais e comentarios sobre a primavera ou a Pascua para coñecerse mellor os uns aos outros así como as costumes nos distintos países relacionadas coa Pascua e/ou a primavera.
Archivos

Selo de calidade Europeo
Selos de calidade en Portugal e España

Grupo de traballo eTwinning na EOI de Vigo

O sábado 13 de decembro a embaixadora galega Carmen Fernández, levou a cabo na sede do CFR de Vigo as dúas primeiras horas de docencia do grupo de traballo eTwinning constituido por profesores de Inglés e Francés da Escola Oficial de Idiomas de Vigo  coa coordinación da profesora Patricia Conde. 

Contamos coa presenza da asesora do Centro de Formación de profesorado Conchi Pazos que participou activamente  na sesión. 

Artigo completo publicado no blogue da  Embaixada eTwinning Galicia