“Comecei a miña viaxe cunha estancia dun dia en Múnic. Adorei a oferta de verduras de inverno no Vitualienmarkt, moito máis variada do que estou acostumada. Ademáis parece que os doces de nadal se venden durante todo o ano! Logo seguín en tren pola noite, dirección Bologna, unha recente oferta do ferrocarril austríaco que supón unha boa alternativa ao uso excesivo do avión. Xa en Bologna dou un paseo polo centro. En breve e coñecerei o grupo co que partillarei os próximos días. Os soportais (portici) encántanme!



