Descubrindo o poder da metáfora en Cracovia co # ShInRe KA2project

Durante unha semana, catro compañeiras da Escola tivemos a sorte de viaxar a Polonia como parte do noso proxecto KA2 sobre motivación no alumnado adulto. Foron uns días de traballo moi intenso cos nosos socios polacos e italianos, achegándonos ao concepto de “experiential learning” e profundizando na idea da metáfora como elemento motivador na aula. Como parte dos obradoiros que organizou Fundacja Addenda, tivemos a sorte de poder visitar o Castelo Wavel para analizar un cadro da súa colección da man de Pawel. O que máis nos gustou foi a sesión de expresión corporal guiada, na que aprendimos a perder as inhibicións e mellorar a conciencia do noso corpo para facilitar a motivación e as dinámicas interpersoais na aula. Ademáis da parte teórica, tamén aproveitamos para cear todos xuntos nun restaurante local e entender por qué toda a comida polaca é tan calórica…Que frío facía! En conxunto, Cracovia pareceunos unha cidade preciosa, con moito que ofrecer, e un escenario ideal para seguir profundizando no noso proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *