Difusión da mobilidade Erasmus+ KA104 “Advanced Language and Methodolgy”.

Un grupo de profesores da EOI de Vigo achegámonoso á aula 11 para participar das actividades que nos trouxo Anabel dende Londres, onde visitou o curso “Advanced Language and Methodology” Aprendimos moito e pasámolo moi ben. Anabel repetirá esta sesión en Xaneiro. Pronto o profesorado interesado terá acceso a todos os materiais a través da zona de profesorado da nosa web.

Podedes descargar todos os materiais do curso dende a zona de profesorado da nosa páxina web: http://www.eoidevigo.org/acceso-profesorado.html

Descubrindo o poder da metáfora en Cracovia co # ShInRe KA2project

Durante unha semana, catro compañeiras da Escola tivemos a sorte de viaxar a Polonia como parte do noso proxecto KA2 sobre motivación no alumnado adulto. Foron uns días de traballo moi intenso cos nosos socios polacos e italianos, achegándonos ao concepto de “experiential learning” e profundizando na idea da metáfora como elemento motivador na aula. Como parte dos obradoiros que organizou Fundacja Addenda, tivemos a sorte de poder visitar o Castelo Wavel para analizar un cadro da súa colección da man de Pawel. O que máis nos gustou foi a sesión de expresión corporal guiada, na que aprendimos a perder as inhibicións e mellorar a conciencia do noso corpo para facilitar a motivación e as dinámicas interpersoais na aula. Ademáis da parte teórica, tamén aproveitamos para cear todos xuntos nun restaurante local e entender por qué toda a comida polaca é tan calórica…Que frío facía! En conxunto, Cracovia pareceunos unha cidade preciosa, con moito que ofrecer, e un escenario ideal para seguir profundizando no noso proxecto.

X.M. Neira prepara a súa mobilidade Erasmus+ no centro CAVILAM en Vichy

O noso compañeiro do departamento de francés, X.M. Neira, marcha nun par de días a Vichy onde realizará a súa mobilidade Erasmus+ . Alí asistirá ao curso Enseigner le FLE aujourd’hui : culture, société et nouvelles tendances pédagogiques, impartido polo prestixioso centro CAVILAM. Durante a súa estancia compartirá experiencias con nós. Nesta entrevista fálanos das súas expectativas. Grazas, Neira, desexámoste unha boa estancia!