Proxectos en marcha

Actualmente a EOI de Vigo ten en marcha 3 proxectos do programa Erasmus+:

  • KA204: “Sharing, Inspiring and Reframing: new tools for motivation in adult education”

Trátase dun proxecto de intercambio de boas prácticas con profesorado dos centros Fundacja Addenda (Cracovia) e Unione italiana di educazione degli adulti (Roma)

A temática do intercambio é o fomento da motivación do alumnado adulto de cara a potenciar a aprendizaxe permanente e reducir o abandono ás aulas. A institución polaca aborda a motivación dende a perspectiva da lingüística cognitiva, a través da metáfora, a institución italiana traballa dende a perspectiva de aprendizaxe baseada na narrativa autobiográfica, e a EOI de Vigo céntrase nas metodoloxías de aprendizaxe baseadas nos métodos interactivos de guións e narracións (Storytelling).

O resultado das experiencias compartidas constituirá o contido dun Manual sobre Estratexias innovadoras en torno á  motivación e ao alumnado adulto.

Podes acceder aquí á ficha do proxecto publicada na plataforma de resultados de proxectos Erasmus +  (E+PRP)

KA104 Mobilidade de persoal de Educación de Persoas Adultas 

“Retos para a EOI: Ensino 3.0 e Inclusión na aula”  (2018-2020)

Este proxecto ten como obxectivo atender as nosas necesidades de formación e actualización metodolóxica a través das tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento (TAC) así como das Tecnoloxías do Empoderamento e Participación (TEP), co obxectivo de garantir unha ensinanza que, ademais das competencias lingüísticas, atenda á diversidade nas aulas e fomente a inclusión.  Foron concedidas 8 mobilidades para que o persoal docente asista a cursos de formación que xiran entorno a 3 eixos temáticos: Integración das TAC e TEP no proceso de ensino-aprendizaxe, mellora das estratexias metodolóxicas e mellora da atención á diversidade, explorando aspectos como a ensinanza semipresencial, a aprendizaxe baseada en proxectos, a aula inclusiva, a alfabetización dixital ou a educación non formal e informal.

Para máis información podes acceder aquí á ficha do proxecto publicada na plataforma de resultados de proxectos Erasmus +  (E+PRP)

KA104 Mobilidade de persoal de Educación de Persoas Adultas 

Cultura e ensino creativo de linguas: cara a un enfoque humanístico da EOI (2019-2021)

Podes acceder aquí á ficha do proxecto publicada na plataforma de resultados de proxectos Erasmus +  (E+PRP)

Este proxecto ten como obxectivo responder ás necesidades de formación do noso claustro para afrontar o reto que supón enfocar a ensinanza de linguas dende unha perspectiva humanística e holística, que teña en conta á persoa na súa globalidade, que fomente a autoestima e a valoración positiva dos seus talentos. As mobilidades de formación están orientadas á aplicación dunha pedagoxía creativa centrada no alumno, que contribúa a crear unha atmosfera creativa e colaboradora e motivadora. Queremos enriquecer a práctica docente, centrada na ensinanza por tarefas e na educación permanente, potenciando a aprendizaxe colaborativa e o traballo por proxectos, e dotándoa dun enfoque intercultural que contribúa á creación dun novo perfil de alumnado máis motivado, comprometido coa identidade europea e capaz de aplicar as estratexias lingüísticas adquiridas en contextos que contribúan ao seu desenvolvemento persoal, profesional e académico.


Benvidas e benvidos!

Este é un espazo creado pola EOI de Vigo para informar e dar difusión aos nosos proxectos de internacionalización: Proxectos Erasmus + de formación de profesorado (mobilidades de persoal  docente), intercambios de boas prácticas, e-Twinning, proxectos PIALE ou estancias profesionais no estranxeiro.

Nesta foto estamos parte do equipo de internacionalición da EOI de Vigo. Se tedes consultas podedes dirixirvos a nós:


Santiago García: Coordinador xeral e xestión dos proxectos

KA104: Retos para a EOI: Ensino 3.0 e Inclusión na aula (2018-2020) KA104: Voces plurilingües a través da radio comunitaria na aula de lingua orientada á acción (2020-2022) KA204: “Sharing, Inspiring and Reframing: New Tools for Motivation in Adult Education” (Finalizado)

Isabel García: Xestión de:

KA104: Cultura e ensino creativo de linguas: cara a un enfoque humanístico da EOI (2019-2021)

Leticia Pérez : Coordinación na EOI de Vigo do consorcio SBLENDID sobre ensino mixto liderado polo CAFI

Marta Ares : Difusión dos proxectos de internacionalización

Laura Torrado: Dirección xeral

Para informacións sobre os proxectos PIALE ou Estancias profesionais debedes dirixirvos as institucións convocantes. Neste blog difundiremos non obstante as experiencias do profesorado da EOI de Vigo que participe nestes programas.

O noso profesorado se forma en Europa

Durante o presente curso 2019-2020 oito profesoras e profesores do noso centro asistirán a cursos de formación en Gran Bretaña, Irlanda Francia e Italia participando nos Proxectos de Mobilidade da Acción Chave KA104 (sector Educación de Persoas Adultas) concedidos á E.O.I de Vigo. Preme nos enlaces para ver os contidos dos cursos: KA104 2018-2020 Retos para a EOI: Ensino 3.0 e Inclusión na aula

KA104 2019-2021 Cultura e ensino creativo de linguas: cara a un enfoque humanístico da EOI.